Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 08 de xaneiro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero convocará o Pleno da Zona Franca para reclamar ao Goberno contra o recorte de recursos

O alcalde considera "incomprensible, indebido e intolerable" a decisión do Ministerio de Facenda de rebaixar a súa achega ao Consorcio en 17 millóns respecto ao ano anterior.


Abel Caballero anunciou este luns que convocará o Pleno do Consorcio da Zona Franca de Vigo para reclamar ao Ministerio de Facenda que reconsidere a súa decisión de recortar as achegas anuais en base ao Imposto de Sociedades. "É incomprensible, indebido e intolerable", sinalou o rexedor respecto a rebaixa de 17 millóns que sufrirá a Zona Franca este ano.

Segundo explicou o alcalde, o Goberno central decidiu cambiar o criterio de cálculo no Imposto de Sociedades que se viña aplicando desde hai máis de 20 anos, de forma que a achega de recursos de Facenda á Zona Franca baixa dos 28 millóns correspondentes ao ano 2015 aos 10 millóns do ano 2016.

"Estou moi preocupado porque estamos a falar dun volume moi importante da inversión e pode facer un dano inmenso á Zona Franca", engadiu Caballero. O recorte de 17 millóns supón unha caída do 35% nos recursos totais do Consorcio.

O rexedor tamén insistiu en que a Zona Franca "funciona ben, fai unha boa xestión, e recibe como premio un recorte de ingresos, que pode supoñer entrar en risco". Así mesmo, Abel Caballero confiou en que o Pleno teña unanimidade para reclamar que se repoña a anterior cualificación. "Parece que Facenda quere recortar gastos en Vigo para investir noutros lugares de España", concluíu o alcalde.
Mais noticias
Concello e Fundación Amancio Ortega acordan a creación dunha escola infantil e un centro de atención a persoas con parálise cerebral
O goberno local recuperará o torreiro de Valadares como espazo público cultural e de ocio


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003