Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 07 de decembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo adxudica a "rehumanización" de García Olloqui e Praza de Compostela

O alcalde informou este xoves da adxudicación dunha obra que prevé "retomar aquela tan mal feita humanización" cun novo pavimento flexible, reducindo o ruido e cun deseño "acorde" á súa preferencia peonil. O Concello reserva 1,2 millóns ao efecto. O goberno vigués validou ademais humanizacións en Purificación Saavedra e na Avenida Atántida.

A Xunta de Goberno Local celebrada o pasado martes acordou a adxudicación da "rehumanización" da Praza de Compostela e de García Olloqui, segundo informou hoxe Abel Caballero en rolda de prensa.

O obxectivo do Concello é "retomar aquela tan mal feita humanización do goberno anterior" e substituir o pavimento por outro firme "flexible" para "acabar co ruido" actual do tránsito de vehículos, ademais de contemplar un deseño "acorde" á preferencia peonil sobre o tráfico rodado. O goberno de Vigo reserva 1,2 millóns de euros para esta mellora da Alameda, cunha previsión de seis meses de execución das obras.

Abel Caballero deu conta tamén doutras dúas humanizacións que pasaron pola última Xunta de Goberno Local, en Purificación Saavedra e na Avenida Atlántida. O goberno vigués deu luz verde á contratación das obras do proxecto de humanización da primeira fase de Purificación Saavedra, por importe lixeiramente superior aos 300.000 euros e un prazo de execución de cinco meses. O Concello aprobou os pregos de cláusulas e abre o proceso de licitación.

En segundo lugar, o goberno local tamén validou o proxecto de humanización da Avenida Atlántida por importe de case medio millón de euros e un prazo de execución estimado en tres meses. Segundo puxo en valor o alcalde, estas tres humanizacións totalizan dous millóns de euros de investimento municipal, "máis que todas as humanizacións que fixeron moitos gobernos durante catro anos".
Mais noticias
O Concello aproba o proxecto do "macroparque" infantil de Barreiro por 200.000 euros
O alcalde recibiu á organización da Vig-Bay pola edición de 2018 da media maratón


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003