Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 01 de decembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde cita á cidadanía no Trofeo Cidade de Vigo de kárate "o evento máis importante do ano"

Caballero presentou hoxe o Trofeo Cidade de Vigo de kárate que se celebra este sábado ás 17:00 horas no Pavillón Pablo Beiro de Bouzas. Terá carácter internacional baixo o patrocinio do Concello




Acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o presidente da Asociación Deportiva Zanshin, Fernando Álvarez, e os karatekas sénior Óscar Sánchez, Esther Sieiro e Ana Táboas, o rexedor animou á cidadanía a participar no evento. "É, xunto coa Festa Infantil do kárate, o evento máis importante do ano" desta disciplina, subliñou, para insistir en que "é da maior relevancia".

Uns 80 karatecas, dende categoría infantil a sénior, participarán nas modalidades de kata (masculina e feminina) e kumite e kobudo (por equipos mixta), con presenza de finalmente nove clubs, ao confirmarse o desprazamento de deportistas do Lorenzo Parra de Madrid e do Shotokan Ribadavia (Ourense).

"É un torneo consolidado", explicou o presidente do Zanshin, Fernando Álvarez, que lembrou que tamén competirán unha selección do Zanshin, entidade organizadora (Agrupación Deportiva Zanshin), o club Akai de Negreira (Santiago), o Mizukami asturiano, o Vila das Aves (Portugal) e as entidades deportivas locais Shotokan, Okinawa e San Salvador de Teis. Álvarez garantiu o éxito do campionato e "unha importante asistencia de público".
Mais noticias
O alcalde anuncia a rebaixa do caudal ecolóxico dos encoros, con auga para 75 días
O rexedor presenta unha programación de Nadal para toda a cidadanía
O Concello amplía con 475.000 euros as subvencións para rehabilitación de vivendas
O fiscal xefe na Audiencia Provincial, autor do bando polo Día da Constitución
Caballero salienta a combinación de clásico e rock na música de Patricia Moon


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003