Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 01 de decembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero salienta a combinación de clásico e rock na música de Patricia Moon

A artista viguesa presentou este venres o seu terceiro disco "Rock & Love", que comeza a interpretar en directo mañá cun concerto na Sala Ensanche. O rexedor eloxiou o videoclip de presentación do álbum, que amosa partes da cidade.

O Auditorio Mar de Vigo acolleu este venres a presentación do terceiro disco de Patricia Moon, artista formada en violín, canto lírico e piano no Conservatorio de Vigo, a súa cidade, onde mañá sábado inicia a xira de concertos para dar a coñecer a proposta musical de "Rock & Love" onde mestura diversos xéneros. Será na Sala Ensanche ás 22:30 horas.

O alcalde acompañou a Patricia Moon no acto e eloxiou a súa capacidade para combinar a música clásica co rock, algo "propio das grandes figuras da música" e amosou o seu orgullo polo feito de que a artista sexa viguesa e leve a música "desde aquí" polo mundo adiante. Así, puxo en valor as imaxes do videoclip de adianto do disco, onde poden verse varios espazos da cidade.
Mais noticias
O alcalde anuncia a rebaixa do caudal ecolóxico dos encoros, con auga para 75 días
O rexedor presenta unha programación de Nadal para toda a cidadanía
O Concello amplía con 475.000 euros as subvencións para rehabilitación de vivendas
O fiscal xefe na Audiencia Provincial, autor do bando polo Día da Constitución
O alcalde cita á cidadanía no Trofeo Cidade de Vigo de kárate "o evento máis importante do ano"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003