Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 10 de novembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero anima á cidadanía que vaia a O Vao a ver a Copa Galega de enganches

O alcalde, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e representantes do comité organizador, presentou este venres a Copa Galega de Enganches, cuxa final vaise celebrar este sábado nos campos do Vao, acarón do campo de fútbol de Coruxo.




Por vez primeira, Vigo recibe unha competición oficial de enganches, que é o manexo dun tiro de cabalos enganchados a un carruaje. Caballero anunciou que a entrada será gratuíta e recomendou á cidadanía que acuda, especialmente "a quen lle guste o que ten que ver con todas as facetas da hípica".

O Club Hípico Vigo organizou a final da Copa Galega, que comezará ás 16:00 horas en tres modalidades: limoneras (cun cabalo), troncos (con dous cabalos) e libre. Participarán os quince mellores competidores do circuíto galego de enganches (a Copa Galega), que disputou ata agora seis probas dende xuño entre as provincias de Ourense e Pontevedra e que en Vigo pecha a tempada galega.

O Club Hípico Vigo tamén programou unha segunda xornada, o Trofeo Cidade de Vigo, o domingo 12 ás 11:30 horas, para dar maior aliciente aos participantes que se desprazaron dende toda Galicia. É de inscrición aberta. "Dende hai dous anos o nivel de participación no enganche foi impresionante", explicou Ramón Fernández, presidente do comité organizador.

Ademais, a organización complementou a competición oficial cun torneo de horseball o sábado (19:30 horas) e un bautismo hípico para nenos e nenas o domingo e un mercado tradicional os dous días e unha actuación musical o sábado do grupo La Patrulla (22:00 horas).

"Somos un club novo e o noso deporte principal é o horseball", manifestou Miguel Rosales, presidente da entidade, que explicou que é "baloncesto a cabalo" cun 80% de deportistas femininas e que é "moi dinámico e vistoso".

José Manuel Costas, o máis veterano nas lides organizativas, falou da empatía de Vigo e o enganche: "Unha vez coñécelos, enganchan".
Mais noticias
O Concello inviste 54,7 millóns de euros en obras para este ano e o próximo
O alcalde cifra en 3,2 millóns a subvención en ximnasios e piscinas municipais no 2018
O goberno de Vigo adica un millón de euros a cubrir patios de colexios na cidade


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003