Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 10 de novembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo adica un millón de euros a cubrir patios de colexios na cidade

Caballero requeriu da Xunta de Galicia que "cumpra coas súas obrigas coa cidade" ao ser esta unha competencia autonómica, e recordou que lles propuxera un convenio para que o goberno de Feijóo adique ao efecto o mesmo que o Concello.

Abel Caballero avanzou este venres que o próximo luns finaliza o prazo de presentación de ofertas para optar aos contratos de cubrición dos patios do Colexio Virxe do Rocío e do Colexio Carballal-Cabral, actuacións nas que o Concello gasta 610.000 euros. Ademais, recordou o alcalde, o goberno local acometerá a mesma mellora no CEIP Canicouva, que precisa do visto bo de Patrimonio.

No orzamento elaborado polo goberno vigués para o próximo ano figura unha partida de 450.000 euros para novas obras de cubrición de patios nos colexios de Vigo, co que o total do Concello para estas melloras educativas ascende a 1.060.000 euros.

Caballero precisou que a cubrición dos patios é unha "competencia e obriga" da Xunta de Galicia, censurou que a administración autonómica lle dedica ao efecto "cero euros" e recordou que lle propuxera ao goberno dirixido por Núñez Feijóo asinar un convenio para que a Xunta destine a mesma cantidade que o Concello para cubrir patios nos centros educativos.

Diabetes
Na mesma rolda de prensa, o alcalde anunciou que Vigo se sumará á conmemoración do Día Mundial da Diabetes e iluminará de azul, o próximo martes, 14 de novembro, as fontes de Aragón e a de Rosalía de Castro.
Mais noticias
O Concello inviste 54,7 millóns de euros en obras para este ano e o próximo
O alcalde cifra en 3,2 millóns a subvención en ximnasios e piscinas municipais no 2018
Caballero anima á cidadanía que vaia a O Vao a ver a Copa Galega de enganches


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003