Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 09 de novembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo aproba humanizacións en catro rúas por máis de 1.123.000 euros

As obras acometeranse na rúa Fátima, na primeira fase da rúa Colombia, en María Berdiales e en Canceleiro, entre Rosalía de Castro e Serafín Avendaño. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou o plan de conservación do enil da duna e o areal do Vao-Baluarte.

O alcalde anunciou hoxe a aprobación de catro expedientes de contratación de obras de humanización que ascenden a máis de 1.123.000 euros e que inclúen os proxectos de humanización da rúa Fátima, cun importe de case un cuarto de millón de euros, a fase I da rúa Colombia que ascende a 500.000 euros, e a humanización da rúa María Berdiales, entre Gran Vía e Hernán Cortés. Ademais, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á clasificación de ofertas para contratar as obras de humanización da rúa Canceleiro, entre Rosalía de Castro e Serafín Avendaño que ten un orzamento máximo de 220.000 euros.

Medio Ambiente
Na Xunta de Goberno Local quedou aprobado o "Proxecto do plan de conservación do Espazo Natural de Interese Local Complexo Duna e Areal do Vao-Baluarte", que ocupa unha superficie de 114.000 metros cadrados e cuxa zona de protección estrita é de 14.000 metros cadrados. O alcalde explicou que o obxectivo é "darlle un maior nivel de protección ás dunas" para manter todo o hábitat dunar, facéndoo compatible co uso da praia do Vao. Con todo, advertiu que a zona protexida ten que ser máis inaccesible para a cidadanía e que o goberno local terá capacidade de sancionar a quen dane a flora dese espazo.

Con este plan o Concello contribúe á protección do acantilado que aloxa vexetación das costas atlánticas e bálticas, unha zona onde hai 25 especies de aves ameazadas protexidas, 129 clases de flora, 5 clases de musgos, 7 tipos de algas, fungos e liques para os que "queremos unha protección máis sensible". Amais Caballero anunciou que asumirán o mantemento dese nivel de protección e tomarán as medidas necesarias para garantilo.
Mais noticias
O Concello formará a 165 menores de 30 anos en tecnoloxías, informática, cociña ou linguas
O rexedor valora o efecto "notable" do novo ascensor e escaleira mecánica para conectar Pizarro co barrio de Ribadavia
O alcalde, preocupado pola inacción da Xunta en relación á seca en Vigo
Caballero anima á cidadanía a presenciar os concertos do Concurso de Violín, Viola e Violonchelo "Cidade de Vigo"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003