Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 08 de setembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello entregou o 98% das axudas ás familias que ascenden a 1.700.000 euros

O alcalde deu conta este venres do proceso de pagamento do cheque social do 2017 mediante o cal recibiron axuda municipal para alimentación 1.947 familias, 1.898 para pago de subministros e 1.454 para alugueiros.

Abel Caballero apuntou hoxe que o Concello leva aboadas xa o 98% das Axudas Extraordinarias a familias cuxa partida inicial ascendía a case 1.700.000 euros, ao que cómpre engadir outros 800.000 para axudas de emerxencia.

Neste momentos, 1.947 familias recibiron xa os cheques para alimentación, por un importe total de 408.000 euros, 1.898 familias recibiron un total de 317.000 euros para aboar as facturas de subministros de enerxía e 1.454 familiar recibiron 819.000 euros en concepto de axudas para o alugueiro de vivendas. Ademais, co Concello pagará 56.000 euros para os pagos de hipotecas.

Segundo expuxo o alcalde, soamente quedan pendentes 90.000 euros por entregar ás familias que solicitaron as axudas municipais, nun proceso que se desenvolveu "sen colas e con sosego". Engadiu o rexedor que Vigo é a cidade de España "coa máis importante política social desde o respecto ás persoas que están recibindo axuda".
Mais noticias
O alcalde pon en valor o servizo "extraordinario" que presta o teléfono de información 010
O goberno municipal investirá 335.544 euros na cubrición do patio do Colexio Carballal
O alcalde participa na inauguración do curso académico universitario 2017-2018


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003