Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 08 de setembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde pon en valor o servizo "extraordinario" que presta o teléfono de información 010

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do contrato do servizo de información cidadá a través do 010 por un importe de 934.000 euros por catro anos. Amais, recibiu luz verde a clasificación de ofertas para os servizos auxiliares da aula de estudo do Auditorio.

O rexedor explicou que o 010 é un "servizo de importancia extraordinaria" xa que soamente nun ano xestionou máis de 160.000 chamadas, máis de 14.000 suxestións e avisos polas distintas canles de comunicación e emitiu máis de 200.000 mensaxes de texto e correos electrónicos de información institucional.

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á proposta de adxudicación para a contratación do Servizo de Información Cidadá a través do teléfono 010 por un importe de 934.000 euros nun período de catro anos. Na actualidade o servizo préstano nove profesionais que "se elevarán a 11 no novo contrato pola demanda que ten", segundo expuxo o alcalde.

Ademais, a Xunta de Goberno aprobou a clasificación de ofertas para a contratación dos servizos auxiliares de conserxería, atención ao público e información necesarios para o funcionamento da aula de estudio do Auditorio– Pazo de Congresos cun prezo de licitación de 191.000 euros. Abel Caballero salientou este investimento na atención á "gran biblioteca, á marxe das obras e o o alugueiro do local pero é importantístimo porque son 500 prazas de estudo".
Mais noticias
O Concello entregou o 98% das axudas ás familias que ascenden a 1.700.000 euros
O goberno municipal investirá 335.544 euros na cubrición do patio do Colexio Carballal
O alcalde participa na inauguración do curso académico universitario 2017-2018


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003