Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 09 de agosto de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Vigo, entre as cidades españolas coa auga máis barata, segundo un estudo da OCU

Caballero referiuse este mércores ao traballo elaborado pola organización de consumidores, que analiza a tarifa da auga nas 53 principais urbes e sitúa a Vigo entre as máis baratas. Ademais, o alcalde puxo en valor que, co prezo da conexión e do mantemento do servizo, se regalan trinta metros cúbicos de auga aos usuarios.

Segundo recordou este mércores o alcalde, a OCU estudou 53 cidades españolas para analizar o prezo da auga, un traballo que deixa a Vigo cunha tarifa máis económica que Murcia, Barcelona, Alicante, Palma de Mallorca, Cádiz, Huelva, Tarragona, Sevilla, Lleida, Valencia, As Palmas, Granada, Teruel, Córdoba, Albacete, Santa Cruz de Tenerife, Segovia, Almería, Oviedo, Santander, Málaga, Badajoz, Bilbao, Girona, Xaén, Huesca, Xixón, Cáceres, Madrid, Zaragoza, Zamora, Toledo, Cidade Real, Cuenca, Salamanca, Logroño e A Coruña.

"Vigo é máis barata que todas estas", aseverou Caballero, quen engadiu que, polo prezo de Vigo, ademais "regalamos 30 metros cúbicos de auga; non os cobramos, o regalamos". "É das augas máis baratas de España e amais regalamos 30 metros cúbicos de auga", concluíu o alcalde vigués.
Mais noticias
Caballero e o tenente de alcalde de Barcelona coinciden na necesidade de incrementar o financiamento municipal
O Concello ofrece contemplar a choiva das Perseidas desde Vigozoo
O goberno de Vigo adxudica este xoves os proxectos de humanización das estradas do Porto e da Provincial
O alcalde reitera o compromiso de Vigo co pobo saharauí


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003