Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 24 de xullo de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo eleva a Pleno o estudo para recuperar parte da ordenación urbanística anulada

Caballero avanzou que o Pleno do mércores votará o estudo previo das medidas provisionais de ordenación da Lei 2/2017, que fai posible que os concellos con Plan Xeral anulado poidan recuperar parte da ordenación. O Concello de Vigo, o primeiro galego en acollerse a esta lei.

O alcalde cualificou este medida como "un paso de xigantes no ámbito urbanístico" xa que permitirá "facer fronte a todas as demandas de edificación e de solo industrial e terciario pese á anulación do PXOM", ampliando a capacidade de edificación da cidade.

Segundo anunciou este luns, a sesión plenaria do mércores votará un estudo que valora as consecuencias de volver a plans urbanísticos obsoletos e que avalía a necesidade de recuperar parte da ordenación do PXOM anulado polos tribunais.

O Concello de Vigo xa enviou o estudo á Xunta de Galicia, informado favorablemente pola administración galega, unha tramitación que agora precisa da aprobación plenaria. A lei fai posible que os concellos con ordenación anulada poidan recuperar parte da mesma.

Abel Caballero enfatizou que o Concello de Vigo é o "primeiro galego" en acollerse á Lei 2/2017, incorporando á ordenación urbanística unha parte importante do solo da cidade. Así, puxo en valor a axilidade na tramitación municipal para ser os primeiros en aprobar esta ordenación provisional.

O alcalde indicou que todo o solo urbano consolidado e algúns ámbitos do no consolidado están incluídos nesta ordenación provisional e serían salvados da anulación, ademais de ámbitos como os de Tomás Paredes e Esturáns.
Mais noticias
O Concello pide a Zona Franca que a ampliación do PTL permita a instalación de empresas grandes como IKEA
Vigo incorpora 24 novos autobuses urbanos que inclúen WiFi gratis e conexións USB
Caballero eloxia "Vigo Hípico. A Paixón dunha Cidade" por transmitir a "nobreza" da hípica
O alcalde saúda un pacto de Estado contra a violencia machista que ampliaría as competencias das cidades
O alcalde anima a todo Vigo a achegarse á Festa do Albariño de Cambados


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003