Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 17 de xullo de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Goberno de Vigo pide a medalla ao mérito policial para o axente que salvou a vida dunha muller

O alcalde puxo en valor a "acción heroica" realizada por Juan Castro Delgado na Praza Fernando el Católico xa que "puxo en risco a súa vida" para salvar a dunha muller a piques de caer dende un sétimo piso.


Segundo expuxo Abel Caballero, a súa actuación excede "con moito" as funcións e labores normais do seu posto de traballo chegando a "poñer en risco a súa vida". Coa súa acción, o policía local conseguiu evitar a caída da señora, que estaba desorientada, desde unha altura do sétimo piso e "con risco real salvouna nunha acción que emocionou á cidade, pola importancia e a valentía e consideramos que debe ter un recoñecemento público".

Por iso, o Concello solicitou á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia a concesión da placa individual ao mérito policial e subsidiariamente a medalla ao mérito da policía local para Juan Castro Delgado pola súa "acción heroica e o acto de valentía" no desenvolvemento do seu labor.

Ademais, a Xunta de Goberno local deu luz verde á proposta de clasificación de ofertas do expediente de contratación do servizo de xestión dos traballos técnicos derivados da programación e espectáculos do Auditorio da Praza do Rei para facilitar a utilización do espazo para todos os colectivos que o empregan de forma continua e maioritariamente gratuíta. Tamén aprobou a adhesión ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e as entidades xestoras dos Sistemas Integrados de Xestión de residuos de pilas e acumuladores.
Mais noticias
O Concello adica 18 millóns a humanizacións, "macro parques infantís" e á Universidade
O goberno local mellora a accesibilidade en 16 pasos de peóns por case 50.000 euros


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003