Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 14 de xullo de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Arrancan os concertos en Castrelos coa actuación de La Oreja de Van Gogh

Esta fin de semana comezan de facto as festas de Vigo co primeiro dos concertos programados polo Concello no auditorio ao aire libre de Castrelos, ás 23 horas, e coas festas de Bouzas. Tras La Oreja de Van Gogh, recordou o alcalde, chegarán a Castrelos The Pretenders, Miguel Bosé, Carlos Vives, a Coral Casablanca e Crystal Fighters.

Na noite deste vernes, ás 23 horas, terá lugar o concerto de La Oreja de Van Gogh, a primeira das actuacións musicais programadas polo Concello de Vigo no auditorio ao aire libre de Castrelos, tal e como apuntou Abel Caballero.

Despois do concerto desta noite do grupo vasco, o próximo 20 de xullo chegará a Castrelos The Pretenders, o 25 de xullo será o turno de Miguel Bosé, dous días máis tarde Carlos Vives, o 29 de xullo a Coral Casablanca e concluirán os grandes concertos de verán neste emblemático auditorio con Crystal Fighters, o 3 de agosto.

Abel Caballero recordou que as festas de verán tamén traerán o espectáculo MITIC -o 28 de xullo na Porta do Sol- e a actuación de Morat, o 24 de xullo no Auditorio Mar de Vigo.
Mais noticias
O goberno de Vigo subvenciona o 70% do custo de cada campamento de verán
O Concello continúa co programa "Vigo Cidade de Cor" con inicio doutros catro murais


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003