Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 14 de xullo de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo subvenciona o 70% do custo de cada campamento de verán

Abel Caballero visitou este venres o polideportivo de Samil para a clausura dun campamento de verán do Concello no que participaron, durante unha semana, máis de cen nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, con práctica de pádel, tenis e kayak. O Concello programa este verán máis de 25.500 prazas en actividades estivais.




O alcalde puxo en valor que as máis de 25.500 prazas que dispuxo este verán o Concello de Vigo en campamentos é a maior oferta de actividades infantís e xuvenís feita ata o momento e procura facilitar a conciliación familiar e laboral das familias.

Para que todos e todas poidan optar, con independencia da capacidade económica, o goberno vigués subvenciona máis do 70% do custo de cada actividade, para o que o Concello destina 250.000 euros, segundo informou Caballero.
Mais noticias
O Concello continúa co programa "Vigo Cidade de Cor" con inicio doutros catro murais
Arrancan os concertos en Castrelos coa actuación de La Oreja de Van Gogh


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003