Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 13 de xullo de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde salienta que o aeroporto de Vigo sexa "o que máis creceu de Galicia en xuño"

Caballero pon en valor a traxectoria da terminal viguesa que se atopa "en pleno funcionamento e conectando a cidade como nos gusta" con 20 rutas dispoñibles, oito delas internacionais.

O aeroporto de Vigo rexistrou o pasado mes de xuño un crecemento de case dun 15%, fronte á suba do 6% da Coruña e o 9% de Santiago. O rexedor destacouno como "o que máis creceu de Galicia e dos que máis creceron en España", acumulando ao longo deste 2017 un aumento do 10% na súa actividade.

Coa conexión de Vigo con 20 rutas, oito delas internacionais, Abel Caballero apuntou que a terminal olívica está "recuperada, camiño do millón de viaxeiros e en pleno funcionamento conectando a cidade como nos gusta". Con todo, incidiu en que o proceso require permanencia e "seguiremos na recuperación de forma constante, sen desmaiar". Engadiu que no caso de Oporto, o aeroporto precisou entre 15 e 20 anos para acadar bo nivel de actividade e que Vigo precisará tamén "uns anos" podendo aspirar a ser "o de máis tráfico de Galicia".
Mais noticias
O Concello recorda ao doutor Cesáreo Corbal na humanización da rúa que leva o seu nome
O Concello aproba a humanización da rúa Canceleiro por 220.000 euros
O Goberno de Vigo autoriza a rehabilitación do Pazo de Marqués de Valladares na rúa Oliva


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003