Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 13 de xullo de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Goberno de Vigo autoriza a rehabilitación do Pazo de Marqués de Valladares na rúa Oliva

O Concello, a través da Xerencia de Urbanismo, concedeu licenza ao proxecto de rehabilitación do antigo Pazo de Marqués de Valladares, emprazado na rúa Oliva 2-4, coa obriga de conservar, entre outros elementos, as fachadas de pedra. A propiedade contempla investir 1,6 millóns para a súa conversión en centro sociocultural recreativo.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, comunicou este xoves a "moi importante" autorización municipal concedida á propiedade para rehabilitar o antigo Pazo de Marqués de Valladares, inmoble sito na rúa Oliva 2-4. Esta licenza pasou hoxe xoves pola reunión do consello da Xerencia municipal de Urbanismo.

O rexedor vigués enfatizou que o antigo de Marqués de Valladares é o "único pazo de Galicia cun patio interior", algo "enriquecedor" e singular para o casco vello vigués.

Segundo explicou Caballero, o goberno vigués esixe a protección de elementos como as fachadas de pedra, as galerías, os balcóns, as barandas, as carpinterías de madeira, o xardín, o patio, o muro de peche e o portal, "en suma, protección absoluta". A autorización municipal permite a rehabilitación de catro sotos, entreprantas, pranta baixa e dúas alturas, cunha superficie total de 4.200 metros cadrados.

A promotora prevé rehabilitar o antigo Pazo cun investimento de 1,6 millóns para convertelo nun centro sociocultural recreativo. As obras comezarían en setembro e se prolongarían uns 18 meses.
Mais noticias
O Concello recorda ao doutor Cesáreo Corbal na humanización da rúa que leva o seu nome
O alcalde salienta que o aeroporto de Vigo sexa "o que máis creceu de Galicia en xuño"
O Concello aproba a humanización da rúa Canceleiro por 220.000 euros


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003