Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 12 de xullo de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Vigo acollerá esta fin de semana a 340 bailaríns na quinta edición de VIKUL

O alcalde recordou este mércores que o Encontro de Danza Urbana de Vigo, VIKUL, volve ás rúas da cidade, á Porta do Sol, o venres e sábado, 14 e 15 de xullo, co maior número de shows e escolas de danza das cinco edicións e actuacións nas que intervirán ata 340 bailaríns. VIKUL forma parte do programa municipal "Vigo en Festas 2017"

O 14 e 15 de xullo, ás 20 horas, na Porta do Sol se celebrará a quinta edición deste evento, con medio centenar de actuacións de danza urbana nas que intervirán ata 340 bailaríns.

Así, as escolas Bambalina, Boombox, D.A., Diana Ballesteros, Dani Barros, Endanza, Estilo Libre (Ourense), Eva Juan, GettingJiggy, Inthecisos Crew, Jana Pérez, Kiap, The Brothers Crew, Inthecisos Crew, New Era e Danzarinas (Sampaio), traerán unha selección das mellores compañías de danza, entre as que se atopan algunhas recoñecidas nos primeiros postos de campionatos nacionais e internacionais de Hip Hop.

Dentro do programa estival "Vigo en Festas 2017" do Concello de Vigo, VIKUL ofrece aos vigueses ata dúas oportunidades de gozar de modo gratuíto destas xornadas de danza urbana. Toda a información do Encontro está na web www.vikulvigo.com e nas redes sociais.
Mais noticias
Vigo honra a memoria de Miguel Ángel Blanco no vixésimo aniversario do seu asasinato
O goberno vigués licita por "case un millón de euros" obras de asfaltado nas parroquias
O Concello impulsa con 115.000 euros o labor de oito entidades viguesas
O alcalde apunta o "notable investimento de Zona Franca" en Vigo para o próximo ano
O Concello inviste 10.000 euros na restauración de cinco placas históricas
O rexedor aposta por unha universidade que logre achegar a innovación ao maior número de cidadáns
Caballero augura un "éxito asegurado" a Leroy Merlín polo "enorme tirón" de Vigo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003