Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 12 de xullo de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello inviste 10.000 euros na restauración de cinco placas históricas

Co obxectivo de "non deixar que se deteriore nada que recorde a historia" de Vigo, o goberno municipal procede á retirada e rehabilitación de cinco placas de valor histórico-artístico.

Segundo explicou o alcalde, os traballos vanse realizar ao longo de dous meses e incluirán cinco placas históricas que son das máis antigas da cidade. O Concello está procedendo, nestes momentos, á súa retirada para estudalas e analizar o seu estado de conservación.

Abel Caballero sinalou que dúas das placas están na Praza de Compostela, unha con García Olloqui e a outra con Concepción Arenal; outra das que serán rehabilitadas é a placa de Manuel Olivié, na muralla do Castelo do Castro, que lembra ao escritor, avogado e secretario municipal vigués e que presenta "bastantes danos".

Ademais, serán restauradas dúas placas na Avenida Sanjurjo Badía: unha situada sobre un pé de ferro no nó de Isaac Peral coa rúa Montecelo e outra situada sobre a fachada do último edificio da rúa.

Abel Caballero puxo en valor estas intervencións porque as placas "forman parte do valor histórico da cidade" e a súa conservación é "un cariño á memoria histórica". Ademais, sinalou que o orzamento total das actuacións é de 10.000 euros e os traballos van prolongarse dous meses.
Mais noticias
Vigo honra a memoria de Miguel Ángel Blanco no vixésimo aniversario do seu asasinato
O goberno vigués licita por "case un millón de euros" obras de asfaltado nas parroquias
O Concello impulsa con 115.000 euros o labor de oito entidades viguesas
O alcalde apunta o "notable investimento de Zona Franca" en Vigo para o próximo ano
Vigo acollerá esta fin de semana a 340 bailaríns na quinta edición de VIKUL
O rexedor aposta por unha universidade que logre achegar a innovación ao maior número de cidadáns
Caballero augura un "éxito asegurado" a Leroy Merlín polo "enorme tirón" de Vigo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003