Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 11 de xullo de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello pon en marcha unha web informativa da campaña de arte na rúa "Vigo, Cidade de Cor"

O rexedor municipal, acompañado da primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, deu conta este martes da posta en marcha dunha páxina web adicada a esta importante acción de arte urbano. Caballero garantizou a súa continuidade en próximos anos dado o éxito alcanzado nas anteriores edicións.




Abel Caballero e Carmela Silva presentaron hoxe martes unha nova ferramenta na que se pode acceder a toda a información relativa a un proxecto que segundo o propio alcalde "está a mudar a faciana da cidade" e representa "unha mostra do talento de artistas xa consolidados e unha oportunidade de dar a coñecer a toda a cidade o traballo de artistas noveis".

O pintado de murais de esta terceira edición xa comezou cunha acción na rúa Coruña número 9 que se estima que concluirá o próximo dia 18 de xullo. Durante o mes de xullo, e ata o 15 de agosto, levaranse a cabo outras intervencións en rúa Florida, Avenida Beiramar, Colexio Niño Jesús de Praga, escaleiras entre rúa Romil e Avenida das Camelias, rúa Doutor Corbal, Pavillón do Carme, Pavillón de Bouzas, Avenida de Castelao, túnel da rúa Ourense, escaleiras entre Pi y Margall e Torrecedeira, e rúa Eduardo Cabello. Asimesmo se levarán a acabo proximamente outros tres murais no Centro Comercial Coia 3, no parque de Navia e no muro da Igrexa de Fátima.

Caballero confirmou que, dado o éxito acadado por esta campaña de embelecemento da cidade, esta terá continuidade en futuras edicións marcándose como obxectivo chegar a cifra de 100 obras nos próximos anos.

Estas obras estarán firmadas por diferentes artistas locais e nacionais como: Delio Rodríguez, María Romero, Pinche, Maria Jose Pulido. Teresa Irisarri, Silvia Rodríguez Pena (SAX), Noel Peres Fungueiriño, Elara Elvira e Ana Santiso, Iria Blanco e Pedro Sardiña. Ademais nesta edición haberá dous artistas internacionais convidados: Hazul e Mona Car o que demostra o éxito internacional desta iniciativa.

O alcalde tamén anunciou que todos os murais que se levan feito nas dúas anteriores edicións e os de esta terceira recibirán un tratamento especial para garantir a súa durabilidade e preservar asi un bo estado de conservación "durante alomenos 100 anos".

Caballero e Silva destacaron tamén que esta nova web (http://ciudaddecolor.vigo.org/), dispoñible en galego, español e inglés, ten como obxectivo dar a coñecer tanto os cidadáns de Vigo como a quen nos visitan toda a información das obras, da súa localización exacta, e os datos das artistas e os artistas que as asinan.
Mais noticias
Caballero subliña que os 400.000 euros de Deputación e Concello aseguran O Marisquiño en Vigo
O goberno de Vigo crea unha nova praza peonil coa humanización da rúa Llorente
O alcalde invita a recordar a Miguel Ángel Blanco como símbolo de todas as vítimas do terrorismo
O Concello achega 15.000 euros de apoio á función sindical da Unión Xeral de Traballadores
O impresionismo figurativo de Ana Termes, nova exposición na Alcaldía do ciclo MostrArte


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003