Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 11 de xullo de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo crea unha nova praza peonil coa humanización da rúa Llorente

O Concello adicou 200.000 euros á primeira fase da humanización deste vial, unha rúa "maltratada e castigada", en verbas de Caballero, que agora goza dun novo espazo de confluencia que o goberno vigués fará peonil ao prohibir o estacionamento.




Xunto a Carmela Silva e David Regades, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes a recén concluida primeira fase da humanización da rúa Llorente, na que a administración local vén de investir 200.000 euros.

Caballero referiuse a Llorente como unha rúa "maltratada e castigada", que "nunca foi atendida", e que foi obxecto dunha humanización "espléndida", coa renovación dos firmes e das canalizacións soterradas, con novos puntos de luz LED, arborado, papeleiras, bancos e xardineiras.

O alcalde salientou o novo espazo peonil que se creou como resultado da humanización, un novo punto de encontro onde se vai impedir o estacionamento de vehículos, segundo adiantou Caballero, co obxectivo de crear un punto de encontro lúdico na zona. O goberno vigués non descarta facer de Llorente un vial semipeonil.
Mais noticias
Caballero subliña que os 400.000 euros de Deputación e Concello aseguran O Marisquiño en Vigo
O Concello pon en marcha unha web informativa da campaña de arte na rúa "Vigo, Cidade de Cor"
O alcalde invita a recordar a Miguel Ángel Blanco como símbolo de todas as vítimas do terrorismo
O Concello achega 15.000 euros de apoio á función sindical da Unión Xeral de Traballadores
O impresionismo figurativo de Ana Termes, nova exposición na Alcaldía do ciclo MostrArte


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003