Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 19 de xuño de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello retransmitirá o mércores en directo a posta do sol sobre as Illas Cíes

O alcalde anunciou este luns a filmación e emisión en directo da primeira posta do sol do verán sobre as Illas Cíes, este mércores 21 de xuño, coincidindo co solsticio de verán. Caballero enmarcou esta iniciativa nas accións de promoción do arquipélago vigués obxectivo Patrimonio da Humanidade.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante o acto de presentación do balance do goberno deste luns, anunciou unha nova proposta para apoiar a campaña Illas Cíes, Obxectivo Patrimonio da Humanidade.

Segundo explicou Caballero, o Concello filmará e retransmitirá en directo a posta do sol sobre as Illas Cíes este mércores, 21 de xuño, solsticio de verán. O primeiro atardecer do verán sobre o arquipélago se emitirá para todo o mundo desde Samil, en 360º e calidade 4K, desde as 21:45 horas ata aproximadamente as 22:25 horas.

Na propia praia de Samil se creará un ambiente natural e íntimo para a posta do sol, amenizado con música. Membros da Orquestra Vigo 430, en formato solista, interpretarán durante a filmación varias pezas musicais.

Unha vez retransmitido en directo, o Concello prevé elaborar varias pezas audiovisuais da posta do sol sobre Cíes para a súa posterior difusión por distintos canais.
Mais noticias
O alcalde salienta o avance "excepcional" da cidade e a "estabilidade política" do Concello


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003