Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 16 de xuño de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O edil Manel Fernández di que a Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, este domingo, "conecta a cidade co mar"

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe a Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, que se celebrará este domingo 18 no Vao (12:00 horas) co patrocinio municipal. Once tripulacións de toda Galicia (e Asturias, Castropol) pelexarán polo triunfo.




"É unha iniciativa importante que conecta a Vigo co mar", subliñou o edil, que ademais lembrou que será a primeira oportunidade dende que o Club de Remo Coruxo, organizador do evento, que a proba abra o calendario competitivo da Liga Galega A de Traiñeiras (LGT-A).

Este ano son trece as regatas de traiñeiras na División A da competición autonómica. Vigo inicia a Liga e a ponte de Toralla, xusto ao mediodía, vai ser testemuña dunha gran xornada con tres quendas.

O concelleiro pousou coa tradicional bandeira acompañado polo presidente da entidade, Darío Fernández; o adestrador, Benjamín Vázquez e o remeiro Eloy Otero. Samertolameu manda no palmarés (once bandeiras), pero non se impón en Vigo dende 2010; Coruxo venceu en 2014, cando era Liga B, e tamén o verán pasado, xa en Liga A, e "tentaremos gañala", explicaba Vázquez.

"Vai ser unha regata emocionantísima porque esta tempada a Liga vai estar máis axustada que nunca", manifestaba o presidente da entidade, que ademais apuntou que "ao ser catro ciabogas en lugar das tres habituais eses 250 metros finais poden marcar a diferenza". Coruxo rematou na cuarta praza a Liga pasada e tamén aspira aos primeiros postos este ano.

Dende 2011 a organización pertence ao Club de Remo Coruxo e a ponte de Toralla e a praia do Vao son escenario das tres quenddas en que se repartirán as tripulacións.

A regata está dotada con 9.000 euros en premios en metálico e compiten nela once clubs: Samertolameu, A Pobra, Castropol, Coruxo, Bueu, Mecos, Chapela, Amegrove, Vilaxoán, Rianxo e Salgado Perillo.
Mais noticias
O bus turístico promociona as Illas Cíes na súa nova imaxe
O rexedor destaca a "grande utilidade" do programa de bono taxi, dotado con 25.000 euros
A banda colombiana Morat súmase á programación de Festas en Vigo 2017
Caballero súmase á campaña en defensa do ensino da filosofía
O Concello habilita un carril bus na Avenida de Europa para axilizar o regreso das praias
BANDO
TRAFICO
TRAFICO
ANUNCIOS DE TRAFICO
XERENCIA DE URBANISMO


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003