Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 16 de xuño de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero súmase á campaña en defensa do ensino da filosofía

O alcalde apoiou este venres coa súa sinatura a proposta impulsada por un colectivo de docentes, que recollen firmas ante o MARCO para respaldar unha Proposta Non de Lei no Parlamento de Galicia en favor de que a filosofía se manteña como materia troncal en 2º de Bacharelato.




Abel Caballero desprazouse este venres ata a rúa do Príncipe para participar na presentación desta campaña e apoiala coa súa sinatura, unha mobilización en defensa da filosofía na formación que o alcalde respalda pola "importancia" da materia como "factor de comprensión total, que axuda moito a entender o mundo en que vivimos e a sociedade na que nos desenvolvemos".

O rexedor e catedrático de Economía defendeu que a capacidade de aprendizaxe en calquera área ten sempre a "derivada colateral" da filosofía como elemento de reflexión, e que as personalidades que ocupan un "lugar dominante" no mundo da ciencia se apoian na filosofía. "A filosofía non é so unha disciplina académica de estudo, é unha disciplina tamén de enorme axuda no desenvolvemento persoal e profesional", asegurou.

Xunto á variable persoal, Caballero valorouna como elemento de desenvolvemento relevante en calquera profesión, polo que considerou "inconcebible" a supresión da filosofía da formación dos futuros profesionais: "é importante que a filosofía siga ocupando un lugar notable". O alcalde de Vigo invitou á cidadanía viguesa a sumarse á campaña en defensa do ensino da filosofía.
Mais noticias
O bus turístico promociona as Illas Cíes na súa nova imaxe
O rexedor destaca a "grande utilidade" do programa de bono taxi, dotado con 25.000 euros
A banda colombiana Morat súmase á programación de Festas en Vigo 2017
O Concello habilita un carril bus na Avenida de Europa para axilizar o regreso das praias
O edil Manel Fernández di que a Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, este domingo, "conecta a cidade co mar"
BANDO
TRAFICO
TRAFICO
ANUNCIOS DE TRAFICO
XERENCIA DE URBANISMO


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003