Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 15 de xuño de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno local inviste preto de medio millón na ampliación e mellora da Escola de Música de Beade

A Xunta de Goberno local deu luz verde ao proxecto de mellora do interior e do entorno da Escola de Música de Beade. O orzamento ascende a preto de medio millón de euros e permitirá ampliar os espazos e, polo tanto, a capacidade de docencia.

O alcalde deu conta hoxe xoves da aprobación do proxecto de acondicionamento e mellora do entorno da Escola de Música de Beade, por un importe de 463.000 euros. Trátase da segunda fase de actuación nunhas dependencias construídas polo Concello hai catro anos e agora procederase á ampliación das aulas e, polo tanto, da capacidade de docencia.

A Xunta de Goberno tamén adxudicou a a contratación da redacción do proxecto de execución das obras das cintas que permitirán salvar a pendente en Gran Vía, con cintas mecánicas e que forma parte do programa Vigo Vertical, cofinanciado polos fondos FEDER da Unión Europea. O licitador clasificado en primeiro lugar foi ICEASA CONSULTORES, cun orzamento de 122.000 euros, ascendendo o conxunto da obra a un presuposto total de 8 millóns de euros. Trátase dun proxecto mobilidade vertical desde Lepanto ata a rúa Nicaragua.

O goberno local tamén deu luz verde á proposta de adxudicación da contratación da promoción turística do destino Vigo e Rías Baixas 2017-2019. Este acordo, cun importe de 736.000 euros, incorporará ao aeroporto conexións con Valencia, Ibiza e Palma de Mallorca. Segundo explicou o alcalde, o número de destinos que operan en Vigo "nos converten nun gran aeroporto internacional" e coa "operatividade" necesaria, e detallou estas conexións: Bilbao, Málaga, Sevilla, Valencia, Alicante, Palma de Mallorca, Ibiza, Menorca, Gran Canaria, Madrid, Tenerife, Barcelona, Londres, París, Roma, Boloña, Dublín, Milán, Edimburgo e Lisboa.
Mais noticias
O alcalde agradece a "excepcional" resposta da cidade á "primeira gran mobilización" polo AVE directo Vigo-Madrid
"Cíes, obxectivo Patrimonio da Humanidade", emblema das festas de Vigo
110 profesionais atenden dende hoxe o servizo municipal de limpeza, salvamento, socorrismo e acción policial
O Concello inicia a urbanización do barrio de Ribadavia con 450.000 euros
Caballero augura o éxito de Navalia 2018 e reitera o seu compromiso de colaboración
O alcalde anima aos escolares vigueses a ler en tódolos idiomas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003