Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 15 de xuño de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


"Cíes, obxectivo Patrimonio da Humanidade", emblema das festas de Vigo

O alcalde deu a coñecer que as celebracións da cidade empregarán este lema como sinal de apoio á candidatura do arquipélago a Patrimonio Natural da Unesco e como mostra dun "sentimento unánime" de Vigo.

Abel Caballero reiterou este xoves a continuidade da candidatura viguesa que "vai chegar a bo porto" e manifestou que non manterá unha xuntanza coa Xunta de Galicia "ata que retiren a candidatura, que foi nociva para as Cíes".

Así, lamentou non ter aínda coñecemento da candidatura das Illas Atlánticas lanzada pola Xunta de Galicia e tamén a reunión do Conselleiro con colectivos para tratala, sendo esta unha proposta "clandestina, que non reúne os requisitos e contra a vontade desta cidade que foi ignorada e non participou" no proceso, despois de catro anos de traballo na campaña de promoción propia das Illas Cíes.

O rexedor anunciou que todas as accións das festas de Vigo, tanto para os máis pequenos como para os maiores, van facerse baixo a lenda "Cíes, obxectivo Patrimonio da Humanidade", un "sentimento unánime da cidade que compartiremos e celebraremos centos de miles de vigueses e continuaremos cunha candidatura gañadora" para que sexan declaradas Patrimonio Natural da Humanidade.
Mais noticias
O alcalde agradece a "excepcional" resposta da cidade á "primeira gran mobilización" polo AVE directo Vigo-Madrid
110 profesionais atenden dende hoxe o servizo municipal de limpeza, salvamento, socorrismo e acción policial
O goberno local inviste preto de medio millón na ampliación e mellora da Escola de Música de Beade
O Concello inicia a urbanización do barrio de Ribadavia con 450.000 euros
Caballero augura o éxito de Navalia 2018 e reitera o seu compromiso de colaboración
O alcalde anima aos escolares vigueses a ler en tódolos idiomas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003