Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 15 de xuño de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde agradece a "excepcional" resposta da cidade á "primeira gran mobilización" polo AVE directo Vigo-Madrid

Abel Caballero amosouse este xoves "emocionado" pola resposta "excepcional" da cidade no concerto de onte da Coral Casablanca, promovido polo Concello para esixir o AVE directo a Madrid, sen pasar por Santiago. "Onte esta cidade deu un paso de xigante", valorou o alcalde, quen anunciou o envío de sendas cartas a Feijóo, De la Serna e Rajoy.




O alcalde valorou este xoves o resultado da "primeira gran mobilización" da cidade en demanda da liña directa de alta velocidade entre Vigo e Madrid, sen pasar por Santiago, un concerto reivindicativo a cargo da Coral Casablanca na Porta do Sol, promovido polo Concello, que contou coa resposta "excepcional" da cidade.

Caballero agradeceu a participación e afirmou sentirse "emocionado" pola asistencia de "miles e miles" de persoas á convocatoria, pola súa "contribución tan importante" nun acto que serve como "chamada de atención da cidade" á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Fomento para que axilicen a Declaración de Impacto Ambiental da variante ferroviaria de Cerdedo.

"Onte a cidade deu un paso de xigante", afirmou Caballero, pois á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Fomento "non lles queda máis remedio que escoitar a voz de Vigo", que onte se escoitou "con claridade e con civismo". O alcalde destacou a participación onte de persoas "de todas as tendencias políticas, de todas as ideoloxías", pois esta acción foi "un movemento colectivo de todos os cidadáns de Vigo".

O alcalde anunciou o envío mañá de sendas cartas ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, e ao presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy. "Confío en que se escoite desde o Goberno de España e desde a Xunta de Galicia e cumpran coa súa obriga, porque Vigo non se vai quedar sen AVE, o decidiu a cidade".
Mais noticias
"Cíes, obxectivo Patrimonio da Humanidade", emblema das festas de Vigo
110 profesionais atenden dende hoxe o servizo municipal de limpeza, salvamento, socorrismo e acción policial
O goberno local inviste preto de medio millón na ampliación e mellora da Escola de Música de Beade
O Concello inicia a urbanización do barrio de Ribadavia con 450.000 euros
Caballero augura o éxito de Navalia 2018 e reitera o seu compromiso de colaboración
O alcalde anima aos escolares vigueses a ler en tódolos idiomas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003