Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 13 de xuño de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello inicia o xoves o socorrismo en dez praias, atendidas por máis de 80 profesionais

Caballero informou hoxe martes do dispositivo que dispón o Concello nas praias desde o 15 de xuño ao 15 de setembro, composto por máis de 80 persoas para prestar os servizos de seguridade, vixilancia, socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria de primeiros auxilios.

Este xoves, o Concello de Vigo arranca co dispositivo de verán en dez praias da cidade: A Punta (Teis), O Tombo do Gato, Argazada (Alcabre), Samil, O Vao, Fontaíña (Coruxo), Canido (San Miguel de Oia), Fortiñón (Saiáns), Rodas e Figueiras (Illas Cíes).

O alcalde informou este martes do servizo municipal de salvamento e socorrismo, composto por 81 profesionais en total e que funcionará do 15 de xuño ao 15 de setembro. O Concello adica 426.000 euros nun dispositivo que procura dar a máxima "seguridade" aos usuarios e a consecución das bandeiras azuis nos areais vigueses.

Caballero indicou que 65 persoas se encargarán do socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria nas praias, mentres que outros 16 axentes da Unidade Costa e Praia da Policía Local, con base en Samil, cubrirán todo o litoral vigués, incluídas as Illas Cíes. A este respecto, o alcalde enfatizou o reforzo este ano da presenza policial no arquipélago nas noites das fins de semana, cando poderá haber ata seis efectivos.

Autobuses ás praias
O Concello e a empresa Vitrasa amplían desde este mércores o percorrido das liñas C3, L4C e L23 para dar servizo ás praias, tal e como informou Caballero en rolda de prensa. Con este reforzo do servizo do autobús urbano se pretende dar "facilidades" de acceso aos principais areais vigueses.
Mais noticias
O alcalde constata a "unanimidade total da cidade" na demanda do AVE directo a Madrid
Caballero salienta o crecemento dun 20,5% dos viaxeiros no aeroporto no mes de maio
O goberno municipal adxudicou as últimas vivendas das 40 que puxo á venda en República Arxentina
Caballero augura que o terceiro Vigo Street Stunts será "a explosión absoluta" do evento


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003