Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 16 de marzo de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno local apoia con 238.000 euros a seis clubs deportivos da cidade

Abel Caballero informou hoxe xoves da aprobación dos convenios co Vigo Rugby Club, co Xuvenil de Teis, coa Asociación Deportiva Carballal, cos Halcons, co Bosco e co AMFIV, parte dos case 2 millóns de axudas municipais ao deporte de base e elite. O Concello tamén acordou conceder 55.000 euros ao comedor social de AFAN.

A Xunta de Goberno Local decidiu este xoves aprobar os convenios de colaboración con estas seis entidades deportivas da cidade, un total de 238.500 euros para apoialos na presente tempada 2016-2017.

Vigo Rugby Club recibirá 28.000 euros do Concello, segundo detallou Caballero ante os medios, 30.000 euros serán para o Xuvenil de Teis, 20.000 para a Asociación Deportiva Carballal, 15.000 euros para os Halcóns de Vigo, 84.500 para o Club Deportivo Bosco e outros 53.000 euros para o AMFIV.

Este último, engadiu o alcalde, conta este ano cun segundo convenio do Concello polo que percibirá 8.000 euros máis para o financiamento dos gastos de organización da Copa de Europa Challenge Cup 2017, que se celebrará en Vigo entre o 26 e o 30 de abril. "Estamos encantados de que o baloncesto en cadeiras de rodas teña esta presenza na cidade", certificou Caballero.

O alcalde vigués puxo en valor as axudas directas que outorga o goberno que encabeza ao deporte vigués. Para os clubs de base e de elite da cidade, o Concello reserva neste 2017 case dous millóns de euros.

Apoio social
Na mesma sesión desta mañá, o goberno de Vigo validou outros dous convenios de carácter social. O Concello aprobou a concesión de 18.000 euros de axuda á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia (AFAGA) para levar adiante un programa de respiro familiar mediante obradoiros de estimulación cognitiva e funcional para os seus usuarios.

En segundo lugar, o goberno local deu asemade luz verde a unha achega directa de 55.000 euros á Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado (AFAN) para a atención das necesidades básicas de persoas e familias que o precisan.

Abel Caballero subliñou que o Concello subvenciona os comedores sociais da cidade con 223.000 euros, mediante apoios económicos directos a AFAN, os Misioneiros dos Irmáns Pobres (57.000 euros), o Comedor da Esperanza (23.000 euros), Vida Digna (45.000 euros) e o Banco de Alimentos (63.000 euros).

A este respecto, Abel Caballero salientou que "o apoio máis importante que teñen os comedores sociais ven do Concello", case que "en exclusiva", pois estas entidades "non teñen prácticamente ningunha outra colaboración institucional".

Mais noticias
O alcalde presenta un Camiño a Camiño habilitado á persoas con mobilidade reducida
O Concello arranca co programa educativo "Vigo Historia: A Reconquista"
A Reconquista de Vigo, protagonista do cupón da ONCE do 28 de marzo
Álex Vázquez enche de camelias a Alcaldía na nova exposición de Mostrarte


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003