Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 15 de marzo de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero insta a Goberno, empresarios e traballadores a negociar na crise da estiba

A saída a crise da estiba ten que abordarse desde unha mesa de negociación a tres bandas (traballadores, empresas e Goberno Central) na que non pode haber posicións inflexibles. Así o dixo esta mañá o rexedor logo de manter un encontro co comité de empresa da colla do Porto de Vigo.




O alcalde insta ao Goberno Central a sentarse nunha mesa de negociación con empresas e traballadores para solucionar o problema da estiba. Na súa opinión, hai que falar "sen demonizar a ningunha das partes" con flexibilidade nas posicións porque todas as partes terán que facer cesións en beneficio dos portos de España. Respecto á situación actual, insistiu na necesidade de acatar a sentencia europea e romper o monopolio porque temos que dar paso a sistemas de competencia que é o que garante a eficiencia.

Logo de manter un encontro co comité de empresa da colla, o rexedor asegurou que os traballadores da estiba son altamente cualificados, "con moita profesionalidade" que desenvolven un traballo de alto valor engadido que precisa coñecementos técnicos avanzados. Engadiu que teñen moita formación e desenvolven un traballo que ten moita perigosidade para eles e para quen está na contorna porque manexan cargas de moitas toneladas.

O Goberno de España, dixo, hai tres anos que sabe isto e "non moveu un dedo para arranxar o problema e tiña que ter iniciado a resolución do problema", tiña que abordalo negociando a tres bandas: coas as empresas, os traballadores e o Goberno, mesa de negociación a tres bandas, reiterou.

En posteriores declaracións aos medios, insistiu en que a solución pasará por negociar, negociar e facelo con publicidade para que, se non hai acordo, "saibamos quen presentou as cuestións máis racionais, equilibradas e en función do interese xeral e quen non porque de momento non coñecemos a posición das partes en canto á saída desta situación". Instou ao Goberno a sentarse a negociar porque hai unha parte de regulamentación, xa que os portos son públicos.

Caballero recoñeceu que a Unión Europea obriga á ruptura do monopolio pero non obriga á aprobación do decreto presentado polo Goberno de España, "senón que pode haber visións máis eficaces que tamén cumpran a normativa europea e rompan ese monopolio".
Mais noticias
"A cidade leva medio século esperando esta proposta de recuperación da Panificadora"
A Biblioteca Municipal Neira Vilas acolle este venres unha nova sesión de "Contos Dakí"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003