Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 15 de marzo de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A Biblioteca Municipal Neira Vilas acolle este venres unha nova sesión de "Contos Dakí"

A contadora brasileira Claudia Fonseca presenta o seu espectáculo "Contos e cantos nordestinos", dentro de Atlántida, o Festival Internacional de Narración Oral trae a Galicia a un amplo abano de narradores de diferentes países.


A Biblioteca Municipal Neira Vilas súmase ao Festival Internacional de Narración Oral, Atlántida, un encontro artístico que xunta en Galicia a artistas de diferentes países co obxectivo de indagar nas raíces das historias, na procura da identidade cultural común do Atlántico e nos relatos que foron difundidos a través do mar.

Este venres ás 19:30 horas, nunha sesión especial de Contos Dakí, o ciclo de contacontos para adultos organizado pola Biblioteca, a contadora brasileira Claudia Fonseca presentará o seu espectáculo "Contos e cantos nordestinos". A actividade é gratuíta e con aforo limitado.
Mais noticias
"A cidade leva medio século esperando esta proposta de recuperación da Panificadora"
Caballero insta a Goberno, empresarios e traballadores a negociar na crise da estiba


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003