Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 02 de decembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello abre o prazo para inscribirse nos campamentos de Nadal

Desde este luns día 2 e ata o domingo, 8 de decembro, poderán inscribirse os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos para participar nas actividades gratuítas que organiza o goberno municipal.

O alcalde explicou que o Concello dispón 150 prazas para campamentos dirixidos a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos nos pavillóns do Berbés, Navia e Bouzas e ademais, haberá 100 prazas para cativos das mesmas idades dentro do programa de dinamización infantil no Nadal, con actividades que se celebran na Casa da Xuventude e no Pavillón de Coia.

Caballero apuntou que se trata dunha acción especial este Nadal; unha experiencia piloto para comprobar a demanda cidadá e poder organizar actividades o próximo ano durante esta época do ano en función da aceptación que teña o programa. "Se hai demanda, faremos oferta importante o vindeiro ano".

As persoas interesadas deberán formalizar a inscrición na web www.xuventudevigo.org
Mais noticias
O alcalde sinala a "satisfacción da cidade" ante o avance do complexo de comunicacións de Vigo
O Concello ten en marcha ou en previsión obras por valor de 108 millóns
O Nadal de Vigo xera demanda de aloxamento en toda a área metropolitana
Ceferino de Blas lerá o Bando do Día da Constitución
Consello da Xerencia municipal de Urbanismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003