Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 02 de decembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello ten en marcha ou en previsión obras por valor de 108 millóns


O rexedor deu conta esta mañá dun volume de obras en marcha ou en previsión por importe de 108 millóns. Algunhas delas xa están a rematadas como as humanizacións das rúas Camelias, Mantelas ou Pazos e outras están moi avanzadas como o pavillón de Romil ou a terceira fase de Gregorio Espino.

O Concello está a acometer nestes momentos obras por importe de 108 millóns, "a maior cifra de inversión anual que houbo nunca na cidade", explicou o rexedor en rolda de prensa. Concretamente, referiuse a obras xa rematadas como as humanizacións de Camelias, Mantelas ou Pazos, así como aos patios do colexio García Barbón ou o da Asociación de Veciños de Cabral. Non es esqueceu o carril bici xa que o próximo 23 de decembro entrará en servizo o tramo que vai desde Praza Independencia ata o cruce de Venezuela con Gran Vía.

Caballero tamén mencionou outros traballos a piques de rematar como é a terceira fase da humanización de Gregorio Espino ou o pavillón de Romil.
Mais noticias
O alcalde sinala a "satisfacción da cidade" ante o avance do complexo de comunicacións de Vigo
O Nadal de Vigo xera demanda de aloxamento en toda a área metropolitana
Ceferino de Blas lerá o Bando do Día da Constitución
O Concello abre o prazo para inscribirse nos campamentos de Nadal
Consello da Xerencia municipal de Urbanismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003