Escoitar

O Concello coopera co programa de Unicef en Siria

O programa de cooperación que desenrola Unicef en Siria contou este ano cunha achega do Concello de Vigo de 20.000 euros. Abel Caballero indicou que o proxecto ten como obxectivo levar subministración e servizos esencias de saúde e nutrición para os nenos e mulleres máis vulnerables.

luns, 21 out 2019
1571659949211019Alcalderueda.JPG
O Concello de Vigo aporta 20.000 euros para cooperar co programa que leva a cabo a organización no gobernamental Unicef en Siria. Segundo explicou o alcalde, o proxecto ten como obxectivos levar subministración e servizos esenciais de saúde e nutrición para as nenas, nenos e mulleres máis vulnerables.

Unicef pretende así mellorar o estado nutricional dos menores de 5 anos e das nais en estado de xestación ou lactancia na zona noroeste de Siria e Aleppo, atendendo tanto á poboación desprazada pola violencia como á poboación de acollida.

Co apoio do Concello, en materia sanitaria Unicef conseguiu prestar 3 millóns de consultas de saúde a través de centros fixos e equipos móbiles nas 14 provincias e subministración de saúde a 1,5 millóns.

Doazón de obras de arte
Por outra banda, o alcalde informou de que a Xunta de Goberno Local do Concello aprobou a aceptación da doazón de obras por parte de Marcelino López Martínez-Morás, de diversos artistas galegos. Segundo indicou Caballero, as obras irán ao Museo Municipal "Quiñones de León.

Ademais, a Xunta de Goberno tamén deu o visto e prace ao convenio entre o Concello e a Deputación de Pontevedra en favor do colectivos Amigos da Ópera para o financiamento da representación en Vigo de "Ópera Tosca de Puccini".
Descargar todas as imaxes