Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 11 de setembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Abel Caballero garante que o Isfas seguirá en Vigo

O alcalde reiterou este mércores que a atención do Instituto Social das Forzas Armadas continuará prestándose en Vigo, como garantiu hai meses e hoxe "o manteño". Trasladou aos usuarios que "estean tranquilos" ante un "intento de polémica" promovido este días e asegurou que "mentres eu sexa alcalde, o Isfas vai seguir en Vigo".

Caballero denunciou este "intento de polémica" e quixo enviar unha mensaxe de tranquilidade aos usuarios ao garantir que o Isfas continuará prestando atención na cidade. Recordou o alcalde que "hai meses", e logo de conversas coa ministra de Defensa, xa anunciara que o servizo continuaría en Vigo, en dependencias municipais ou estatais, e atendida por funcionarios do Estado: "O manteño", certificou este mércores.

O alcalde explicou que onte falou coa titular da carteira de Defensa, que visitou a cidade para coñecer o espazo da Comandancia de Mariña, e garantiu que o Instituto seguirá na cidade. Abel Caballero avanzou que, "mentres eu sexa alcalde, o Isfas vai seguir en Vigo" e pediu aos usuarios que "estean tranquilos".
Mais noticias
Vigo inicia a instalación do alumeado de Nadal en 334 rúas con 10 millóns de luces
O alcalde participa na apertura do curso escolar do CEIP Escultor Acuña
Caballero asiste á apertura de Synergym Vigo
O alcalde invita á cidade a participar esta fin de semana no Vicus Spacorum
Vigo manda na nova disciplina de remo de mar co Trofeo Illas Cíes, este sábado en Bouzas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003