Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 13 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Abel Caballero recomenda consumo responsable de auga ante un eventual outono seco

As chuvias da última semana compensaron o consumo de auga de Vigo e os nove concellos da área, e os encoros de Eiras e Zamáns se atopan hoxe martes ao 89,1% e ao 81% da súa capacidade. "Estamos ben pero moita atención", explicou o alcalde.

O volume de auga embalsada e os parámetros fixados para o caudal ecolóxico datan en 189 os días de auga dispoñibles, segundo explicou o alcalde, quen insistiu en solicitar un consumo responsable de auga tanto en Vigo coma nos outros nove concellos que reciben auga de Eiras e Zamáns. Ata o momento non se está a adoptar ningunha medida de restrición de auga pero Abel Caballero xa adiantou que se tomarán decisións cando o volume embalsado sexa inferior ao 80%.

Noite branca
Por outro lado, na mesma rolda de prensa, o primeiro edil vigués referiuse á Noite Branca celebrada o pasado venres, con actividades, exposicións, concertos e visitas guiadas nos museos e recintos expositivos de Vigo, que ademais ampliaron os seus horarios de apertura ata as dúas da mañá.

Así, e segundo os datos ofrecidos polo alcalde, 8.000 persoas visitaron os museos o pasado venres, case que un 20% máis da afluencia rexistrada na Noite Branca do 2018. Os números reflicten a "importancia" da programación deste ano e dun "feito de dinamización cultural extraordinario", en verbas de Caballero.
Mais noticias
O Concello licitará en setembro os accesos á Estación do AVE por valor de 18 millóns
O alcalde esixe que a Xunta devolva a Vigo as 300.000 cartillas sanitarias derivadas a Santiago
Vigo acollerá en outubro o Congreso Internacional de Médicos de Atención Primaria


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003