Escoitar

Case 200 especialistas en cirurxía pediátrica celebran en Vigo o seu LVIII congreso nacional

Caballero agradécelles o seu esforzo diario e dedicación e encomia a capacidade investigadora dos profesionais.

xoves, 23 mai 2019
1558615832CONGRESO.jpg
O LVIII Congreso da Sociedade Española de Cirurxía Pediátrica acolle en Vigo durante tres días a case 200 especialistas de toda España. O alcalde saudou esta mañá aos participantes durante a inauguración oficial e agradeceulles o seu traballo e esforzos constantes, poñendo en valor a calidade da medicina en Vigo e o labor investigador dos profesionais presentes, a quen animou a gozar da cidade.

A inauguración contou tamén coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva; do xerente do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, Félix Ruibal, e a presidenta do Comité Organizador do congreso, Margarita Montero.

O congreso contará con catro mesas redondas sobre os últimos avances en uroloxía pediátrica, cirurxía plástica, laparoscopia e cirurxía oncolóxica pediátrica. Ademais, o mércores desenvolvéronse no Álvaro Cunqueiro dous cursos formativos.
Descargar todas as imaxes