Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 15 de maio de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello aproba o xoves a adxudicación das obras do novo recinto de festas de Candeán

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobará este xoves a adxudicación das obras do novo recinto de festas de Candeán, proxectado sobre o túnel da autoestrada AP9. Ademais, dará o visto e prace a unha subvención para o Sárdoma Club de Fútbol.

O Concello de Vigo dará este xoves o visto e prace á contratación das obras de recuperación de zona verde sobre o túnel da autoestrada AP9, ao seu paso pola la parroquia de Candeán.

O importe da adxudicación é de 559.274 euros e conta cun prazo de execución de catro meses. A actuación ocupa unha superficie de 19.476 metros cadrados, moi próximo á praza da igrexa parroquial onde se concentran actos festivos.

A obra ten previsto acondicionar o lugar como unha gran zona verde, adecuando tres plataformas multiusos para aparcamento, actividades festivas e prado con terra vexetal e árbores. Ademais, haberá nova instalación de alumeado público, muros de contención de terras para ampliación de anchos de vía, execución de cunetas de formigón e ampliación de acometidas de saneamento e abastecemento

Subvención Sárdoma CF
Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén ten previsto aprobar unha subvención nominativa mediante convenio coa entidade Sárdoma Club de Fútbol, por valor de 23.000 euros, para o seu proxecto deportivo da temporada.
Mais noticias
A escritora e editora Anaír Rodríguez, autora do bando do Día das Letras Galegas
A Travesía a Nado Ardora, nocturna na ETEA, en xuño e coa etiqueta de "proba de excelencia"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003