Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 15 de febreiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello pon en funcionamento o primeiro punto limpo móbil da cidade

Desde o próximo mércores a zona do Mercado do Progreso será a primeira en dispoñer dun espazo habilitado para levar os residuos especiais, que non poden depositarse nos contedores habituais.


Abel Caballero anunciou hoxe a posta en funcionamento do primeiro punto limpo móbil da cidade o próximo mércores, día 20 de febreiro, no Mercado do Progreso. Entre as 8:30 horas e ata as 14:30 horas estará dispoñible para todas as persoas que queiran depositar os utensilios inservibles.

O Concello habilitou un espazo, sinalado especificamente, para a recollida dos residuos que non poden levarse aos contedores habituais polo risco de contaminación, tales como pequenos electrodomésticos, bombillas, rodas ou baterías de uso doméstico… Nese punto limpo móbil haberá un camión no que se poderán depositar estes obxectos.

De forma progresiva, o Concello irá incorporando novos puntos limpos móbiles en diferentes puntos da cidade: Balaídos, Bouzas, Coia, Mercado de Cabral, Calvario… Namentres, o Concello mantén o servizo de recollida de grandes residuos especiais, mediante o cal, os cidadáns solicitan ao Concello a súa retirada cunha chamada telefónica.
Mais noticias
Vigo liderará con Vodafone o proxecto piloto para implantar a tecnoloxía 5G
O alcalde valora que Vigo se sitúe "na órbita da mobilidade sen contaminación"
O goberno local inicia a última fase da humanización de Venezuela, onde inviste 5 millóns
O Concello divulga entre os escolares o Vigo de Verne cunha representación teatralizada


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003