Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 11 de febreiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello recoñece os 50 anos do CEIP Párroco don Camilo coa concesión do premio Vigués Distinguido 2019

O anuncio realizouno o rexedor este luns durante a súa visita ao centro para celebrar o 50 aniversario co alumnado e a comunidade escolar a quen tamén lles trasladou a negativa da Xunta de Galicia á petición do Concello para aplicar a Lei 3/2016 para facer un novo acceso ao centro escolar.




Abel Caballero sumouse este luns aos actos de conmemoración do 50 aniversario do CEIP Párroco don Camilo, en San Andrés de Comesaña, a quen felicitou pola traxectoria e anuncioulles que serán nomeados Vigués Distinguido 2019 porque o seu labor "merece ser recoñecido por parte da cidade".

Amais, o alcalde compartiu a "indignación" da comunidade escolar e veciñal pola necesidade de construír un novo acceso ao centro, dado que "o actual é un canellón no que conviven autobuses con nenos e nenas que van a pé; unha enorme perigosidade" e inseguridade. O Concello, dixo, quere facer unha estrada de 150 metros con beirarrúas, espazo para autobuses para deixar e recoller nenos con seguridade total e que conecte coa estrada Vigo-Baiona. Para o rexedor "isto é unha emerxencia da maior importancia" pero a Xunta non permite facelo.

Segundo expuxo, a Xunta "inventa" que a aplicación da Lei 3/2016 que permite o cambio non a poden pedir os municipios, "a aplicación dunha norma urbanística pode pedila todo o mundo menos os municipios, non deixa de ser insólito, aínda que a Redondela si que lle permitiron alterar a circunstancia dun colexio a petición do Concello". Engadiu que o goberno autonómico se basea nun informe do Consello Consultivo da Xunta, que non é "nin perceptivo nin vinculante" para negar esta petición sobre o que o Concello espera resolución da Xunta de Galicia que, apuntou o alcalde, "debía ser quen faga a obra".

Caballero incidiu en que "Feijóo nega á cidade" a capacidade de facer esta obra continuando cun "labor de obstrución permanente" da Xunta de Galicia en Vigo. Citou, como exemplos desta política outras obras paralizadas como o pavillón de Matamá, as pistas de Atletismo de Balaídos, as rúas que non fan, as humanizacións paradas en Camelias, García Barbón, Travesía Escolas Públicas, Ronda de Don Bosco, Venezuela, campo de fútbol de A Mina, Gran Vía, Porta do Sol, campo de fútbol de A Guía ou os patios de colexios que non fan. Amais, lembrou que Feijóo estivo "paseando polas televisións de España dicindo que a auga de Vigo non era potable sen unha soa análise que o avalara" ou a negativa ao Plan Parejo para arrelar o PXOM en seis meses; unha opción que rexeitaron "baseándose nun informe do Consello Consultivo da Xunta de Galicia que non era nin perceptivo nin vinculante".

Mais noticias
O Concello enviará mil alumnos a estudar idiomas ao país de orixe, cun orzamento de 2,2 millóns
O goberno local inicia os trámites para a construción do segundo aparcadoiro gratuíto no Cunqueiro
Caballero di que a liga municipal de cros escolar, con 3.500 participantes, "amosa a capacidade dos centros de ensino para facer atletismo"
O Concello apoia o talento fotográfico no cuarto Concurso Susana Santeiro


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003