Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 21 de xaneiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O II Fórum do Instituto de Estudos Vigueses afondará na historia e cultura da cidade en once conferencias

O Instituto de Estudos Vigueses, en colaboración co Concello e a Universidade, celebrará desde este xoves e ata o 12 de decembro a segunda edición do ciclo de conferencias do Fórum IEV. A cita será mensual desde este xoves e ata o 12 de decembro.




O alcalde, acompañado do vicepresidente do Instituto, Antonio Giráldez, e do investigador Federico Vilas, participou esta mañá na presentación do ciclo, que consta de 11 conferencias que se celebrarán unha ao mes, fóra de xullo e agosto, que non haberá ningunha, e en outubro que haberá dous. "É unha forma ideal de penetrarnos na recuperación cultural da cidade", afirmou o rexedor.

O obxectivo do Instituto, destacou o seu vicepresidente, "é a investigación en moi diversos ámbitos, pero tamén, e non menos importante, é a divulgación dese coñecemento", un labor para a que agradeceu contar co apoio do concello.

En concreto con este segundo ciclo pretenden "facer chegar ao público de Vigo e a súa área metropolitana diversos estudos levados a cabo por membros do IEV sobre a cidade nas súas distintas áreas de coñecemento, así como outros estudos de vixente actualidade que se desenvolven na Universidade de Vigo en campos das ciencias e da tecnoloxía".

Entre os temas que se tratarán nesta edición do Foro atópanse a arte en dólmenes, que precisamente abre a convocatoria este xoves da man de Fernando Carrera; as torres da Concatedral de Vigo, o pazo como patrimonio arquitectónico galego, a produción de sal durante a presenza romana nas nosas costas… "A idea é achegar estes temas á sociedade cunha linguaxe alcanzable para todos e tamén analizar temas de actualidade como o cambio climático e as súas consecuencias e a aplicación das novas tecnoloxías nas comunicacións mediante drons".

As conferencias realizaranse na hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios excepto a do mes de setembro, que será no Instituto Camôes.

Son as seguintes:

*24 de enero:*"Arte megalítico en Galicia: valor y retos"

Conferenciante: Fernando Carrera

*7 de febrero:*"Aplicación de las Nuevas Tecnologías al Medio Ambiente
Marino"

Conferenciante: Fernando Martín

*14 de marzo:*"Os impactos do cambio climático na pesca. Como nos
podemos adaptar?"

Conferenciante: Elena Ojea

*11 de abril:*"Del teléfono de disco al Whatsapp: ¿Cómo hemos llegado
hasta aquí?"

Conferenciante: Xulio Fernández

*23 de mayo:*"Los pazos gallegos: ¿arquitectura rural o arquitectura de
poder?"

Conferenciante: Ana Pereira

*13 de junio:*"Sistemas aéreos no tripulados (drones), pasado, presente
y futuro".

Conferenciante: Higinio González

*19 de septiembre:*"La producción de sal en la costa atlántica del
noroeste de la Península Ibérica"

Conferenciante: Mar Cortegoso y Brais Currás

*10 de octubre:*"A igrexa de Santa María de Vigo, atalaia da nosa
historia: 1719-2019"

Conferenciante: Montserrat Rodríguez

*24 de octubre: *"Un pequeño empujón en el clima: Grandes consecuencias
de pequeños cambios".

Conferenciante: Kais Mohamed

*14 de noviembre:*"El calentamiento global: técnicas de estudio y
predicción"

Conferenciante: Gianluca Marino

*12 de diciembre:*"Impacto socioeconómico de la Primera Guerra Mundial
en Vigo"

Conferenciante: José Ramón Cabanelas
Mais noticias
O Concello leva a FITUR un "Vigo sen límites" co alumeado de Nadal como "produto estrela"
O alcalde valora a "independencia e calidade" da comisión técnica que elixirá a dirección do MARCO
O rexedor dá todo o seu apoio e o do goberno local á manifestación en favor da sanidade pública
Caballero define a Subida ao Castro, este domingo, como "unha proba de enorme dureza que abre o Run Run Vigo 2019"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003