Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 09 de xaneiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello reforza o dispositivo de frío con efectivos de Protección Civil

O alcalde avanzou esta mañá que efectivos de Protección Civil se sumarán ao equipo de rúa que atende ás persoas que están na rúa porque se negan a durmir no albergue. O dispositivo do frío actúa tres veces ao día facilitando bebidas quentes, mantas e información sobre a dispoñibilidade de camas.

O Concello continuará e reforzará o dispositivo do frío con efectivos de Protección Civil que se sumarán ao equipo que sae á rúa tres veces ao día -ás 11,00 h, ás 17, 00 h e ás 20,00 h para comprobar como están as persoas que non queren durmir no albergue. Segundo explicou, onte quedaron fóra tres homes -que rexeitaron ir ao centro dos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres – dos que un deles se achegou durante a noite ao albergue municipal e ocupou a chamada cama 0, sempre dispoñible para as emerxencias. Esta mesma noite quedaron vacantes varias camas de mulleres.

Este equipo de rúa conta cun técnico de inserción e un educador/a social que lles ofrecen bebidas quentes, incluída sopa, levan mantas, sacos de durmir e información sobre a dispoñibilidade de espazo e camas no albergue. Tamén actúa en comunicación coa Policía Local, que coñece a situación destas persoas e, se é preciso, trasládaos ao albergue e, no caso de que estea completo, infórmaos da dispoñibilidade de camas no centro dos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres.

Abel Caballero expuxo tamén que no albergue se ofrece servizo de comedor e hai una sala habilitada para que os usuarios poidan pasar alí a tarde e o día.

Lentes da campaña "Ven y verás"
O rexedor informou este mércores da entrega dos 6 lentes adaptados da campaña "Ven y Verás", un conxunto de accións solidarias que periodicamente desenvolve a Asociación "Abre sus Ojos" con persoas con diversidade funcional (discapacidade intelectual, enfermidade mental...y/o grupos en risco de exclusión social para examinar a súa vista.

Entre 70 e 80 profesionais estiveron no mes de outubro, examinando a entre 400 e 500 usuarios con discapacidade intelectual e enfermidade mental de Galicia e elixiron a 6 persoas para serlles entregados 6 lentes adaptados. O Concello fará entrega dos mesmos estes días.

A ONG Abre sus Ojos leva máis de 5.000 lentes entregados a usuarios dos seus proxectos en España e o Concello volve a ofrecerlle cooperación para a súa presenza na cidade.
Mais noticias
A Praza de América inicia a súa reforma para converterse nunha zona "para vivir e pasear"
O goberno de Vigo prevé ampliar o Nadal Bus o próximo ano con reservas por Internet
O Concello adica 125.000 euros á formación e emprego de trece vítimas de violencia machista


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003