Escoitar

O Concello reverterá o importe do IBI da Universidade en actividades conveniadas coa entidade educativa

O alcalde e o reitor acordaron esta mañá subscribir un convenio que permitirá reverter na Universidade o importe do IBI que abona ao Concello. Deste xeito, Concello e entidade educativa pactarán as actividades ás que se vai dedicar este importe.

martes, 11 dec 2018
1544536379rector.JPG
Abel Caballero e Manuel Reigosa mantiveron un encontro esta mañá na Alcaldía na que acordaron conveniar as actividades que desenvolverá a Universidade para compensar o importe do IBI que a entidade debe pagar polos terreos e edificios en propiedade. Tal e como explicou o rexedor, asinarase un convenio que recollerá as actividades que de mutuo acordo se determinen. En declaracións aos medios, o alcalde contextualizou a reunión nunha "época diferente, na que hai unha gran relación entre o Concello e a Universidade".

En rolda de prensa o rexedor tamén se referiu -aínda que non foi un tema abordado co reitor- á modificación dos horarios de saída da primeira hora das liñas lanzadeira ao CUVI para que cheguen a todas as facultades en tempo. Adiántase 15 minutos a saída da U1 e da U2, de xeito que a primeira sairá da Praza América e Fragoso ás 8,07 h e a segunda, partirá de Gran Vía ás 07,55 h.
Descargar todas as imaxes