Escoitar

A Policía Local colaborará na rede nacional de atención ao medio ambiente da Fiscalía

Os axentes locais de Vigo colaborarán coa Fiscalía de Medio Ambiente nunha rede que xa funciona a nivel nacional. Así o explicou esta mañá o rexedor logo de reunirse cos fiscais de Medio Ambiente de España e de Galicia, Antonio Vercher e Álvaro García.

xoves, 8 nov 2018
1541684366081118AlcaldeFiscal_01.JPG
O alcalde avanzou esta mañá a súa disposición a que a Policía Local se integre la rede global de atención ao medio ambiente impulsada pola Fiscalía de Medio Ambiente de España. Logo de manter un encontro cos fiscais xerais de España e Galicia, Antonio Vercher e Álvaro García -na que se abordou en profundidade o problema dos incendios-, o rexedor explicou que Vigo atenderá a petición da Fiscalía e, ademais de cooperar, impulsará a incorporación doutras zonas de Galicia a este proxecto. En rolda de prensa, Caballero lembrou que a Policía Local de Vigo xa ten unha importante actuación no medio ambiente e conta, entre outros, cunha unidade de Costa e Praia.
Descargar todas as imaxes