Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 08 de novembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo eleva a cen as becas para alumnado da Escola de Idiomas

O Concello aprobou as bases e a convocatoria do programa, que presenta un orzamento de 175.000 euros para incrementar ata cen o número de estadías subvencionadas no estranxeiro, segundo anunciou Abel Caballero. Ademais, o goberno vigués concede outras 750 prazas para alumnado de Secundaria.




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves da aprobación das bases e convocatorias das bolsas "Concello de Vigo" para estancias lingüísticas no estranxeiro para alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo. O programa para 2019 presenta un orzamento de 175.000 euros para un total de cen vacantes.

Da centena, 66 son para o Reino Unido e/ou Irlanda, 11 para Francia, 6 para Alemaña e/ou Austria, outras tantas para Italia, 4 en Portugal, 4 para Xapón e 3 para China. O Concello ofrece unha estadía formativa nestes países, tal e como fai cos 750 alumnos de Secundaria que viaxaron este mes de setembro ao Reino Unido e Irlanda.

De cara ao 2019, o Concello aumenta o número de vacantes e a partida orzamentaria. Segundo anotou Abel Caballero, a partida chega aos 175.000 euros para contar con cen prazas; neste 2018 viaxaron 92 estudantes da EOI por un importe de 160.000 euros.

Asfaltados
Na Xunta de Goberno Local, informou Caballero, aprobouse tamén os proxectos de asfaltado da rúa Areal e da Avenida de Castelao. Para Areal, o Concello reserva un orzamento de 281.000 euros para un quilómetro de vía, entre Colón e García Barbón; no caso de Castelao, o goberno vigués actuará no tramo comprendido entre Tomás Paredes e a Praza da América, cunha partida de 750.000 euros.
Mais noticias
O Concello eleva o orzamento aos 2 millóns para cubrir a demanda de axudas de comedor escolar
O goberno municipal investiu case 2 millóns nas cubertas de sete patios de centros escolares da cidade
A Policía Local colaborará na rede nacional de atención ao medio ambiente da Fiscalía
A fin da prealerta por seca permitirá recuperar os baldeos na cidade cando deixe de chover
O rexedor anima á cidade a colaborar na gran recollida do Banco de Alimentos
O Concello insta á Xunta a incrementar en 5 millóns de euros o orzamento do Consorcio do Casco Vello


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003