Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 10 de outubro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello adica máis de 60.000 euros á Casa das Mulleres e ao Centro de Recursos Feministas

Abel Caballero destacou este mércores o orzamento que o Concello de Vigo adica a políticas de igualdade. O goberno local aprobará esta semana a contratación da xestión para dinamizar a Casa das Mulleres e o Centro de Documentación e Recursos Feministas.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobará este xoves clasificación de ofertas para a contratación do servizo e dinamización da Casa das Mulleres de Vigo e o Centro de Documentación y Recursos Feministas de Vigo.

Segundo informou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o primeiro dos contratos ten un importe de 33.956 euros e 1 ano de duración mentres que a adxudicación provisional do centro de documentación ten un importe de 28.391 euros.

O alcalde explicou que o Concello de Vigo adica no seu orzamento do ano 2018 un total de 1,2 millóns de euros a políticas de igualdade e destacou, entre outras partidas, o investimento no Programa Kanguros (158.000 euros), o Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades (155.000 euros), o Programa de Inserción Laboral Vítimas Violencia de Xénero: 125.000 euros), a Rede Veciñal contra os Malos Tratos (81.463 euros), o Centro de Emerxencia (266.000 euros), o pisos de acollida (157.000 euros) ou as axudas directas (53.000 euros).

Mancomunidade de Montes
Na Xunta de Goberno Local de este xoves tamén vaise a firmar o convenio de colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo, un acordo marco para a sensibilización e protección das zonas forestais.

O alcalde destacou que coa Mancomunidade de Monte xa está traballando o Concello para deseñar o anel verde de 50 quilómetros que protexerá a cidade ante os incendios e tamén existe unha partida de 140.000 euros, a través do Plan de Emprego, para contratar a 28 persoas que todo o ano limpan os montes desde hai cinco ano.

Este ano o Concello tamén encargouse da retirada da madeira queimada, a protección do solo con cinza e os plans de reforestación. "Se os montes de Vigo non estivesen limpos como estaban o efecto sería moi peor", sinalou Caballero.
Mais noticias
O Concello ten en marcha catro pavillóns deportivos por valor de 6,5 millóns de euros
As rutas guiadas volven a Pereiró no Samaín
O goberno de Vigo asina convenios de apoio a catro asociacións por 21.000 euros
A Orquestra de Instrumentos Reciclados de Cateura actuará no Mar de Vigo o 28 de decembro
Aberto prazo de inscrición para obradoiro de autoprotección para mulleres


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003