Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 14 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Vigo súmase do 16 ao 22 de setembro á Semana da Mobilidade

Vigo súmase do 16 ao 22 de setembro á Semana da Mobilidade que promove a Comisión Europea co obxectivo de "divulgar unha mobilidade máis sa e sustentable nas cidades", segundo explicou esta mañá Abel Caballero.

Entre as actividades que inclúe esta iniciativa destaca o "Día sen coche", que se celebrará o sábado 22 de setembro. Para fomentalo, as liñas C1 e o bus turístico (baixo reserva telefónica) serán gratuítos.

Ademais, o Concello, en colaboracion coa asociación A Golpe de Pedal, organiza diversas actividades. O mércores 19 haberá na Porta do Sol unha proba de vehículos eléctricos, bicicletas e coches, que se poñerán a disposición dos cidadáns. Será de 16.00 a 20.00 horas.

O xoves 20 terá lugar "Ao cole en bicicleta", un curso de mobilidade en bicicleta pola cidade cos alumnos do colexio Maristas.

O venres 21 tratarase de que os cidadáns se poñan na pel das persoas que utilizan cadeira de rodas e as súas dificultades de mobilidade. Para iso, facilitaranse cadeiras de rodas aos participantes para que poidan experimentar as dificultades de mobilidade das persoas con discapacidade. A cita, de 16.00 a 20.00 horas na Porta do sol.

Por último, os taxistas e a revista "Yo taxi" organizan unha exposicion de vehiculos eficientes en Porta do Sol os días 20 e 21.
Mais noticias
"Estase a resolver un problema urbanístico histórico desta cidade"
O Concello remite o proxecto de centro de saúde de Bouzas á Xunta para informe de Patrimonio
Todos os alumnos que solicitaron o programa de Vigo en inglés conseguiron a súa bolsa
O Concello xa fixo a clasificación de ofertas do concurso para revisar e actualizar o PXOM
A primeira Volta Ciclista pola Ciencia arrinca en Vigo o luns e enlazará seis universidades ata Madrid
O goberno de Vigo celebra o "prestixio" do Maratón Fotográfico, que acada a súa 23ª edición


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003