Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 14 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo celebra o "prestixio" do Maratón Fotográfico, que acada a súa 23ª edición

O edil de Cultura, Cayetano Rodríguez, ofreceu "seguir colaborando" cun evento consolidado, "sinal de éxito, prestixio e recoñecemento", que "goza da complicidade" dos amantes da fotografía. O Maratón Fotográfico terá lugar o 29 e 30 de setembro, 24 horas para retratar catro temáticas secretas, con 1.000 euros para o gañador.





Bases


O Maratón Fotográfico Concello de Vigo chega á súa 23ª edición froito da colaboración do goberno vigués e da Agrupación Fotográfica Galega, cooperación que "mellora cada ano", en verbas do concelleiro.

O presidente da Agrupación, Jesús Nieto, agradeceu o apoio do Concello, "patrocinador principal" tanto en orzamento como e cesión de espazos, "indispensable" para o "éxito" da actividade e a súa consolidación.

Segundo explicou Nieto, este Maratón opera como un concurso no que os participantes teñen 24 horas para fotografar catro temas que coñecerán no momento, co único límite do termo municipal de Vigo. A organización agarda contar coa participación de entre 150 e 175 amantes da fotografía, pois actualmente son xa 50 os inscritos. O Maratón concede 1.800 euros en premios, 1.000 para o primeiro clasificado.

Como novidades deste ano, o espazo anexo do MARCO será o recinto no que se exporán as fotografías seleccionadas. Está a ser adecuado para que se estree coa mostra de fotografía saída da 23ª edición do Maratón. Ademais, engadiu o presidente da Agrupación, haberá unha exposición retrospectiva dos últimos cinco anos da cita.
Mais noticias
"Estase a resolver un problema urbanístico histórico desta cidade"
O Concello remite o proxecto de centro de saúde de Bouzas á Xunta para informe de Patrimonio
Todos os alumnos que solicitaron o programa de Vigo en inglés conseguiron a súa bolsa
O Concello xa fixo a clasificación de ofertas do concurso para revisar e actualizar o PXOM
Vigo súmase do 16 ao 22 de setembro á Semana da Mobilidade
A primeira Volta Ciclista pola Ciencia arrinca en Vigo o luns e enlazará seis universidades ata Madrid


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003