Escoitar

O Concello organiza esta fin de semana un concerto e observación das Perseidas

A observación das Perseidas ten lugar este domingo, de 22:30 a 00:30h, en VigoZoo e correrá a cargo de monitores da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura. En paralelo, informou o alcalde, o goberno de Vigo programa a actuación da Orquestra Clásica de Vigo no Castro, o sábado ás 21:30h, interpretando "Os planetas" de Gustav Holst. A noite do sábado o Concello celebra a Noite Branca dos museos.

venres, 10 ago 2018
A actuación da Orquestra Clásica de Vigo fronte ás áncoras do monte do Castro foi destacada este venres polo alcalde dentro da programación municipal organizada polas bágoas de San Lorenzo, as Perseidas, e tamén da Noite Branca deste ano. Caballero tamén subliñou o concerto que ofrecerá a Orquestra Vigo 430 no xardín histórico de Castrelos este sábado ás 21 horas.

Ambos concertos forman parte da Noite Branca, que o Concello promove este sábado ampliando ata as 02:00 horas a apertura dos museos municipais e organizando 39 visitas guiadas, 9 exposicións específicas e 11 concertos de artistas locais. A modo de exemplo, o Verbum acollerá a actividade "Os tres tempos" coa participación de 30 artistas da poesía, danza, música e pintura, e incluirá a creación de graffitis de gran tamaño en vivo, djs, rap e danza moderna, coa participación dos asistentes nas creacións.