Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 12 de xullo de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


As visitas teatralizadas volven ao Centro de Interpretación do Mundo Romano en Mirambell

Abel Caballero presentou o programa de visitas teatralizadas gratuítas no Centro de Interpretación do Mundo Romano na Finca Mirambell, que comeza este xoves, 12 de xullo, ás 20 horas. Haberá representacións cada xoves de xullo e os días 2, 11 e 23 de agosto. O venres 11 de agosto a recreación se suma á Noite Branca.




O alcalde presentou no Concello de Vigo as visitas teatralizadas da vida romana que comezan este xoves, ás 20 horas, no Centro de Interpretación do Mundo Romano na Finca Mirambell.

A vila romana de Toralla é unha "xoia" do patrimonio histórico vigués, expuxo Caballero, quen recordou que "a cultura romana en Vigo tivo tanta vida", con restos que evidencia un asentamento romano "certamente importante" neste territorio.

Con este obxectivo de divulgar o patrimonio histórico vigués, o Concello volve organizar este ano recreacións da vida romana na Vila de Toralla. Todos os xoves de xullo e o 2 e o 23 de agosto se representarán escenas como a celebración dunha voda na antiga Roma, a venda de escravos ou unha loita entre gladiadores. Ademais, o 11 de agosto, o Centro de Interpretación do Mundo romano sumarase á celebración da Noite Branca, con programación desde ás 20,00 ata ás 02,00 h. Todas as escenificacións comezarán ás oito da tarde e se prolongarán durante dúas horas.

Os visitantes que acudan á Vila Romana de Toralla para as representacións serán recibidos nas escaleiras con pétalos de flores. Nas ruínas mostrarase a vida na vila romana, onde cada personaxe interpretará o seu oficio. O patricio e a súa muller recibirán aos invitados á voda, que se representará no escenario cunha cerimonia oficiada por unha sacerdotisa, co banquete, unha venda de escravos, baile e loita de gladiadores. Como novidade deste ano, adiantou Caballero, un paseo de soldados.

Para promover esta actividade divulgativa, algúns dos actores repartirán información sobre esta festa romana en diferentes puntos da cidade.
Mais noticias
O grupo Lori Meyers completa o cartel de concertos en Castrelos do Vigo en Festas 2018
O goberno local interpón un segundo recurso contra a obriga de financiar os centros de día da Xunta
O alcalde reitera á Xunta que aplique a chamada "lei Vigo" para poder construír o pavillón de Matamá
Caballero asina convenios con nove entidades sociais por valor de case 140.000 euros
Vigo organiza o ciclo de conferencias "Falemos de Cíes" para promover a candidatura a Patrimonio da Humanidade
O Concello cooperará coa Asociación Provivenda na acollida de migrantes
O Concello recibe a visita de 70 nenos saharauís acollidos por familias viguesas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003