Escoitar

O rexedor destaca o apoio social e científico da candidatura Cíes Patrimonio da Humanidade

Na inauguración do I Congreso "Cíes Patrimonio" o alcalde destacou o apoio social e científico do que goza a candidatura, "esenciais para que logremos a máxima protección". Un dos poñentes, o experto Jorge Cortés, valorou o "rigor científico" do proxecto impulsado por Vigo e mostrouse seguro do seu éxito. <br />

venres, 22 xuñ 2018
1529673552cies.JPG
O VI Simposio Internacional en Ciencias Mariñas, que se celebra desde o mércores no Auditorio Mar de Vigo con case 500 participantes, acolle durante todo o día de hoxe o I Congreso Cíes Patrimonio da Humanidade. Neste encontro, aberto ao público, relatores da Universidade de Vigo e doutros centros de investigación de todo o mundo expoñen os seus traballos sobre os valores que fan ao arquipélago vigués merecedor deste título.

O alcalde realizou durante a inauguración da xornada un percorrido polas numerosas actividades de divulgación e apoio que o concello realizou durante o últimos catro anos "co ánimo de concienciar á cidadanía do valor destas illas e facerlles partícipes do proceso" e destacou que o principal obxectivo que se pretende conseguir é "que este tesouro ambiental que temos en Vigo siga no mesmo estado de conservación dentro de 2.000 anos máis".

Así, Caballero relatou aos participantes no congreso as presentacións do proxecto que se realizaron en Fitur nos anos 2015, 2017 e 2018. Fixo memoria das numerosas e variadas actividades con Cíes como bandeira entre as que estiveron o partido de fútbol dos veteranos de Celta, o encontro "YogaCíes", os festivais de música "O canto das illas" e o Festival Illas Cíes. Tamén destacaron as diversas edicións dos concursos de debuxo e redacción para concienciar aos máis pequenos, as campañas de recollida de residuos, os sorteos especiais da ONCE e a Lotería Nacional e as promocións das illas na Estación de Autobús de Madrid e en varios avións, entre outras.
O rexedor agradeceu ademais aos vigueses o apoio na campaña de recollida de firmas, "na que a cidade se envorcou e manifestounos o seu desexo de que esta candidatura salga adiante e que non cedamos a ningunha presión para freala". O apoio social, declarou Caballero, "é imprescindible" pero "necesitabamos agora a colaboración da ciencia para saber que reunimos os requisitos necesarios, por iso a importancia deste encontro".
Na inauguración estiveron tamén as representantes do comité técnico da candidatura, Yolanda Aguiar, e do comité económico, Dolores Garza, así como o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa.
Descargar todas as imaxes